
Hola a tod@s . Na clase deste luns realizamos varias actividades. En primeiro lugar a profesora comezou por explicar algunhas dúbidas que xurdiron á hora de realizar os mapas conceptuais, as máis frecuentes foron cómo descargar o programa (menos mal que a min mo descargaron porque se o teño que facer eu pódeme levar todo o día) e qué facer cun cuadro de enlace que aparecía ó sacar unha frecha (a maioría da xente optou por escondelo detrás do outro cuadro pero eu, despois de romperme moito a cabeza, conseguin atopar palabras axeitadas para enchelos, a ver que tal está...porque despois de ver o dos outros compañeiros creo que o meu está moi simplificado). Despois de aclarar estas cuestións estivemos facendo un listado con respostas ó título do primeiro traballo "por qué e para qué as tics na educación" e logo comentámolas entre todos.Finalmente a profesora explicou algunhas cousas acerca de Powerpoint, programa co que temos que realizar o primeiro proxecto, e mentres ela explicaba nós íamolas facendo para coller algo de experiencia; a verdade é que a min serviume de moito porque recordei cousas que xa non me acordaban porque soamente traballei con este programa unha vez. Bueno ,parece que pouco a pouco xa me vou acostumbrando a traballar cos ordenadores, a ver se melloro algo. Ata outra.

0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home