NOVAS TECNOLOXÍAS

jueves, febrero 15, 2007


Despois de dúas semanas de moito traballo debido á realización do portafolios e a estudiar para o exame de organización teño que dicir que desde o luns xa podo relaxarme un pouco; pero tan só un pouco porque o próximo mércores xa hai que volver coas pilas recargadas para afronta-lo 2º cuatrimestre. Ahora só me queda saber saber a calificación de NNTT porque as outras xa as sei, e a verdade é que estou moi contenta con elas. A ver se continua a boa racha!.

Desexarvos, ós que xa rematastedes os exames, unha semana de tranquiliade e ós que aínda estades con eles, ánimos para seguir.

Ata outra. Bicos.

domingo, febrero 11, 2007


Hola. O último día que escribín no blog foi para contar que por fin rematara o portafolios. Pois hoxe escribo para dicir que o estiven dous días intentando subilo, xoves e venres, e non fun capaz. Finalmente, o venres, tiven que recorrer a unha persoa que me axudou moito e conseguín subilo. Gracias chica, débocho unha!. Isto pásame por non subilo o día que o rematei e esperar ó último. Casi me da algo cos nervios.

Quedei moi contenta porque conseguín facelo, pero o resultado non é o que eu esperaba porque os meus coñecementos non deron para máis. Ahora vendo os portafolios dos outros compañeiros véñenme mogollón de ideas á cabeza, pero ahora xa está feito. Só queda esperar a valoración final.

Bueno, vou repasar un pouco que mañán hai exame.

domingo, febrero 04, 2007

POR FIIIIIIIIN! Ahora mismo acabei de facer o portafolios. Costoume moito traballo pero ó final conseguino. Non é o que eu tiña pensado facer pero os meus coñecementos acerca deste tema non deron para facer nada mellor.
Ahora vou para a cama que levo toda a semana deitándome sobre estas horas e non podo máis. A ver se non teña pesadillas co portafolios. Mañán xa lle darei un repaso para ver se me quedou algo atrás, pero hoxe non podo.
Hasta máñán.

miércoles, enero 31, 2007

Hola a tod@s. Qué agobiada estou co portfolio!. Vaime dar moitos dolores de cabeza e vaime costar moito facelo, pero como son tan cabezota estou segura de que ó final o vou conseguir, ainda que me faga sudar...
Bueno, xa sabedes que onte saiu o Windows Vista. Lendo a prensa de hoxe púdenme informar de algunha novidade como que vai incorporar un sistema de "control paterno" que limita o acceso a sitios de Internet, contabiliza as horas que os fillos pasan ante o ordenador, etc. Tamén ofrece unha nova interfaz con aspectos tridimensionais, unha ediciión de vídeo, e según Bill Gates fortes medidas de seguridade, ainda que onte xa estaban vendendo copias ilegais por un euro en Asia.
A quen lle interese pode adquirir unha versión básica por 360 euros ou unha máis completa por 600 euros. Eu de momento vou seguir co XP que me vai ben, cando teña algún problema ou me quede moi atrasado xa o cambiarei.

Outro asunto que vin foi que dirixentes do PP de Cambados e do Grove levaron ó xuzgado dous blogs nos que se facían fotomontaxes usando a súa montaxe, pero o que conseguiron con isto foi que estes blogs recibiran unha inusitada oleada de visitas. Se vos queredes aquí tendes as direccións: www.camba2.blogspot.com e www.ogrobe.blogspot.com

Bueno, vou seguir co portfolio

Ata outra.

sábado, enero 27, 2007

Hola. Aquí poño unha entrevista que lle fixeron na Voz de Galicia de onte a Jordi Adell Segura e que coincide en moitas cousas co meu punto de vista. Por exemplo pensa que é necesario cambiar a metodoloxía que se emprega na escola e tamén critica a televisión. Pero mellor que a leades porque é moi breve e clara.

EL PERSONAJE Jordi Adell Segura

«La escuela tiene que empezar a hablar el lenguaje de los niños»
Profesor de la Universidad Jaume I de Castellón y pionero en la implantación de las tecnologías de la información en el ámbito educativo, dice que «los jóvenes cada vez se aburren más en clase.


El profesor Jordi Adell, que ayer visitó Galicia invitado por el Centro de Formación e Recursos do Profesorado de Ferrol, asegura que «entre los alumnos y la escuela cada vez hay un desacoplamiento mayor». Autor de títulos como Redes y educación , sostiene que las tecnologías cambian «más rápidamente que las ideas y las personas». Y afirma que «cuando los niños no hablan de nuevas tecnologías, porque la sociedad de la información para ellos es una realidad, y no algo nuevo, los métodos didácticos hay que cambiarlos ya».

-Cambiarlos... ¿cómo?

-Hay que adecuarlos al ritmo al que los alumnos viven. Ciertamente, el maestro no es un videojuego, pero es imprescindible adaptar la escuela a lo que la sociedad del conocimiento requiere. El trabajo escolar tiene que ser más estimulante. Ya no llega con enseñar a leer, a escribir, a contar... A día de hoy, el de los niños es fundamentalmente un mundo audiovisual ¿No habría que enseñar también, por ejemplo, a producir vídeos?

-Y a segregar la información de lo que no lo es, ¿no?

-Sí, por supuesto. Pero mire, para eso, lo primero que hay que hacer es acabar con los programas televisivos del corazón en horario infantil. Porque la televisión esconde sus trucos, no muestra su gramática, oculta sus cartas. Y eso habría que regularlo, poner un marco. Porque en Internet sí tenemos filtros para los contenidos, existen recursos para evitar que los niños accedan a determinadas cosas. ¡Mientras en la tele, en cambio...! Por eso digo que los niños no deben tener nunca el ordenador en su cuarto, pero tampoco el televisor.

-Usted dice: «La mayor parte de las experiencias de los mayores a los niños ya no les sirven». ¿Cuál es hoy el mayor reto educativo?

-Formar a los alumnos para seguir aprendiendo siempre. Y para ser ciudadanos críticos. Prepararlos para un futuro que no sabemos cómo será. Eso ya es más importante que los contenidos. Pero para lograrlo, la escuela tiene que empezar a hablar el lenguaje de los niños».

viernes, enero 26, 2007

Hola. O luns foi a última clase que tivemos de NNTT e aínda que o foro vai seguir aberto ata o mes de setembro e o blog cada un fará o que queira con el (eu intentarei segur con el, pero non aseguro nada), pois xa non vai ser o mesmo porque xa non imos estar todos xuntos na clase outra vez, pero tamén teño que dicir que me "alegro" porque xa non hai que ir os luns pola tarde á facultad (é que non me gustan nada as clases pola tarde).
Nesta última clase estivemos case todo tempo traballando co portafolios. En 1º lugar vimos algún exemplo dos alumnos do ano pasado e logo a profesora explicounos cómo o tíñamos que facer e cómo subilo á páxina de NNTT para que todos puidéramos ver os dos demais e guiarnos un pouco quen o necesitase (a min seguro que me vai facer moita falta). De seguido fixemos "un portafolio" e cargámolo na páxina para experimentar cómo había que facer. As miñas compañeiras máis eu preguntámoslle a profesora cómo se facía para subir documentos e que se viran dentro do portafolio, non nunha ventana nova. Ela explicounos que había facer un marco flotante, pero eu decidín facelo con hipervínculos que xa me vai costar bastante, para canto máis poñerme con cousas descoñecidas. Logo a profesora mandounos escribir no blog unha reflexión que iniciara o proceso final (que é esta que estades lendo). Eu fíxeno primeiro nun folio e agora póñoo aquí. Unha vez que rematamos isto, díxonos que escribíramos comentarios nos blogs dos outros compañeiros, e así o fixemos, e de paso aproveitamos para mirar cómo o estaban levando a cabo.
Bueno, aquí comeza o principio do fin da asignatura de NNTT, a ver se non é o principio do fin do blog tamén.
Sorte co portafolios.
Ata outro día.


Hola.Fai unhas semanas Fátima contounos que vira un blog dunha señora de 95 anos, e
eu hoxe vendo as noticias na TVG vin un caso parecido. Trátase dunha nena de Boiro que ten
oito anos e que aproveitou as vacacións de Nadal para convencer ó seu pai, que ten un blog, para que lle axudase a crear un para ela. Nel vai escribindo os seus datos persoais, as notas do colexio, as súas aficcións...
Ademais tamén contou cómo tiña que para acceder tiña que poñer un nome de usuario e
unha contrasinal e que xa recibira 140 visistas, algo que a emocionaba moito.
Eu creo que con este exemplo, e o da sra de 95 anos, podemos apreciar a influencia que
as NNTT exercen hoxe en día.
Chamoume a atención que a nena dixo que antes de subir as imaxes e publicar a
entrada, copiaba o texto en Word para que llo corrixira, e logo publicábao sen faltas.
Bueno, se queredes ver este blog accedede a: http://
www.pauladeboiro@blogspot.com
Saúdos.

jueves, enero 25, 2007



Hola. ¿Qué tal a segunda semana despois da volta de vacacións?. Eu sigo chea de traballo como sempre, pero teño que decirvos que o venres rematamos a webquest e xa mandamos, aínda que tivemos certos problemiñas porque tiñamos que mandala como unha carpeta comprimida e non sabiamos como. Por sorte, xa resolvemos ese problema e ahora xa está enviada.
Na clase de NNTT de hoxe estivemos falando da última actividade que temos que realizar. Trátase dun portafolio, eu nunca oira falar del pero parece unha idea interesante e ó mesmo tempo complicada para os que non controlamos moito de ordenadores, pero farase o que se poda. Témolo que facer en Frontpage con formato de páxina web e trátase dunha reflexión do proceso de aprendizaxe que levamos a cabo na asignatura de NNTT. Po r suposto, é individual.
Logo estivemos vendo o programa Squeak, que aínda que non vamos traballar sobre el resulta interesante coñecelo posto que amosa unha nova metodoloxía de ensinanza.Por exemplo vimos un vídeo no que uns rapaces aprendían o que era a lei da gravedade a través de experimentar e buscar solucións ós problemas que se lle ían presentando. No Squeak podían facer unha representación de bolas que caían desde un tellado e comprobar que chegaban ó mesmo tempo aínda que non pesaran o mesmo e outras actividades que facían eles sós, a profesora só os guiaba e a verdade é que se vían moi entusiasmados. Pena que por aquí non se traballe así.
Despois nós convertimos neses rapaces e creamos un coche no Squeak para comprobar como funcionaba o programa e fixémolo andar, xirar, etc. Hai que dicir que detrás deste programa están a saportacións de María Montessori, Bruner...

Na primeira imaxe podedes ver o logotipo de Squeak e abaixo algo parecido o que fixemos nos hoxe na clase.
Outra cousa que me chamou a atención da clase de hoxe foi que Adriana dixo que había un país no que se vendían uns ordenadores especiais para nenos a 100 dólares e que os de África os estaban comprando. A min paréceme estupendo pero creo que a xente de África ten falta doutras cousas antes que de ordenadores, é a miña opinión.
Ata outro día qeu por hoxe xa me liei bastante.