
Boas tardes a tod@s. Estou facendo o 2º traballo de NNTT e como necesito tomarme un descanso acordeime de contarvos o que fixenos onte na clase, que basicamente se pode resumir en que estivemos mirando distintos software para ver as diferencias que plantexaban uns e outros e tamén tivemos tempo para reunirnos por grupos e comezar a facer a evalción de algún software. Personalmente creo que este traballo require menos destreza técnica que o primeiro, pero máis capacidade de selección e análisis ó ter que elexir 3 software e analizar os seus aspectos técnicos e didácticos. A verdade é que con tanto traballo estou bastante agobiada e estou descoidando un pouco as outras asignaturas pero espero que vala a pena ( sobre todo polo tempo que paso no ciber porque na casa non teño internet e polo esforzo que facemos as miñas compañeiras máis eu para quedar, porque temos algunha incompatibilidade cos horarios e moitos km. polo medio polo que os fins de semana non estamos xuntas para realizar os proxectos). Por hoxe nada máis, vou seguir facendo o traballo.

0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home