NOVAS TECNOLOXÍAS

lunes, enero 15, 2007



Hola. ¿Qué tal vos foi o primeiro de clase, despois de todo este tempo?. A min creo que vai costar bastante volver a adaptarme porque despois de estar tanto tempo na miña casiña...
Xa que volvemos a rutina e hoxe houbo clase de NNTT vouvos contar que fixemos. En 1º lugar estivemos falando das NNTT que había nos colexios nos que realizamos as prácticas e de cómo se empregaban as mesmas. Houbo variedade de experiencias, desde os colexios nos que había un ordenador por aula e se usaban a miúdo, ata os colexios que "non sabían nin para que servían".
Logo de falar disto, pasamos a traballar coas webquest. A profesora foi por cada grupo mirando as ideas que tiñamos ou os borradores que fixeramos e así axudounos a resolver dúbidas e a correxir o que estaba mal. Nos tíñamos pensado facer unha webquest sobre os monumentos de Londres na que os rapaces tiveran que buscar información sobre algúns deles e despois responder a unhas preguntas, pero Adriana díxonos que ese tipo de actividade non era o que se buscaba nunha webquest, e a verdade é que tiña razón porque o que se busca é plantexar un problema ou algo similar ó que se lle poida sacar proveito, polo que finalmente decidimos que os alumnos deberían facer unha presentación en powerpoint donde amosaran os monumentos que lles gustaría visitar nunha excursión a Londres e logo unha exposición oral coa qe intentaran convencer ós seus compañeiros para visitar eses sitios. A ver se esta actividade se axusta máis o que se pide. Eso sí, a Adriana gustoulle o index da webquest, por algo se empeza!.

Por certo, a imaxe é a que puxemos no index.

Nada máis, xa vos seguirei contando como segue todo.

Chao.