NOVAS TECNOLOXÍAS

viernes, enero 26, 2007

Hola. O luns foi a última clase que tivemos de NNTT e aínda que o foro vai seguir aberto ata o mes de setembro e o blog cada un fará o que queira con el (eu intentarei segur con el, pero non aseguro nada), pois xa non vai ser o mesmo porque xa non imos estar todos xuntos na clase outra vez, pero tamén teño que dicir que me "alegro" porque xa non hai que ir os luns pola tarde á facultad (é que non me gustan nada as clases pola tarde).
Nesta última clase estivemos case todo tempo traballando co portafolios. En 1º lugar vimos algún exemplo dos alumnos do ano pasado e logo a profesora explicounos cómo o tíñamos que facer e cómo subilo á páxina de NNTT para que todos puidéramos ver os dos demais e guiarnos un pouco quen o necesitase (a min seguro que me vai facer moita falta). De seguido fixemos "un portafolio" e cargámolo na páxina para experimentar cómo había que facer. As miñas compañeiras máis eu preguntámoslle a profesora cómo se facía para subir documentos e que se viran dentro do portafolio, non nunha ventana nova. Ela explicounos que había facer un marco flotante, pero eu decidín facelo con hipervínculos que xa me vai costar bastante, para canto máis poñerme con cousas descoñecidas. Logo a profesora mandounos escribir no blog unha reflexión que iniciara o proceso final (que é esta que estades lendo). Eu fíxeno primeiro nun folio e agora póñoo aquí. Unha vez que rematamos isto, díxonos que escribíramos comentarios nos blogs dos outros compañeiros, e así o fixemos, e de paso aproveitamos para mirar cómo o estaban levando a cabo.
Bueno, aquí comeza o principio do fin da asignatura de NNTT, a ver se non é o principio do fin do blog tamén.
Sorte co portafolios.
Ata outro día.