NOVAS TECNOLOXÍAS

jueves, enero 25, 2007



Hola. ¿Qué tal a segunda semana despois da volta de vacacións?. Eu sigo chea de traballo como sempre, pero teño que decirvos que o venres rematamos a webquest e xa mandamos, aínda que tivemos certos problemiñas porque tiñamos que mandala como unha carpeta comprimida e non sabiamos como. Por sorte, xa resolvemos ese problema e ahora xa está enviada.
Na clase de NNTT de hoxe estivemos falando da última actividade que temos que realizar. Trátase dun portafolio, eu nunca oira falar del pero parece unha idea interesante e ó mesmo tempo complicada para os que non controlamos moito de ordenadores, pero farase o que se poda. Témolo que facer en Frontpage con formato de páxina web e trátase dunha reflexión do proceso de aprendizaxe que levamos a cabo na asignatura de NNTT. Po r suposto, é individual.
Logo estivemos vendo o programa Squeak, que aínda que non vamos traballar sobre el resulta interesante coñecelo posto que amosa unha nova metodoloxía de ensinanza.Por exemplo vimos un vídeo no que uns rapaces aprendían o que era a lei da gravedade a través de experimentar e buscar solucións ós problemas que se lle ían presentando. No Squeak podían facer unha representación de bolas que caían desde un tellado e comprobar que chegaban ó mesmo tempo aínda que non pesaran o mesmo e outras actividades que facían eles sós, a profesora só os guiaba e a verdade é que se vían moi entusiasmados. Pena que por aquí non se traballe así.
Despois nós convertimos neses rapaces e creamos un coche no Squeak para comprobar como funcionaba o programa e fixémolo andar, xirar, etc. Hai que dicir que detrás deste programa están a saportacións de María Montessori, Bruner...

Na primeira imaxe podedes ver o logotipo de Squeak e abaixo algo parecido o que fixemos nos hoxe na clase.
Outra cousa que me chamou a atención da clase de hoxe foi que Adriana dixo que había un país no que se vendían uns ordenadores especiais para nenos a 100 dólares e que os de África os estaban comprando. A min paréceme estupendo pero creo que a xente de África ten falta doutras cousas antes que de ordenadores, é a miña opinión.
Ata outro día qeu por hoxe xa me liei bastante.