NOVAS TECNOLOXÍAS

viernes, enero 26, 2007



Hola.Fai unhas semanas Fátima contounos que vira un blog dunha señora de 95 anos, e
eu hoxe vendo as noticias na TVG vin un caso parecido. Trátase dunha nena de Boiro que ten
oito anos e que aproveitou as vacacións de Nadal para convencer ó seu pai, que ten un blog, para que lle axudase a crear un para ela. Nel vai escribindo os seus datos persoais, as notas do colexio, as súas aficcións...
Ademais tamén contou cómo tiña que para acceder tiña que poñer un nome de usuario e
unha contrasinal e que xa recibira 140 visistas, algo que a emocionaba moito.
Eu creo que con este exemplo, e o da sra de 95 anos, podemos apreciar a influencia que
as NNTT exercen hoxe en día.
Chamoume a atención que a nena dixo que antes de subir as imaxes e publicar a
entrada, copiaba o texto en Word para que llo corrixira, e logo publicábao sen faltas.
Bueno, se queredes ver este blog accedede a: http://
www.pauladeboiro@blogspot.com
Saúdos.