Boas tardes. ¿ Sabedes qué? Xa acabamos o segundo traballo e xa o enviamos hoxe a mañá; que alegría, xa queda un menos!. Pero como non todo pode ser felicidade tamén hai cousas malas como o mogollón de traballos que hai que facer: 3º de NNTT, o de organización, o de bases, a memoria das prácticas...e todo para despois de navidad,vaia vacacións máis relaxadas imos ter!.
Cambiando de tema, na clase de onte comezamos a falar do 3º proxecto, parece interesante pero moi complicado, e o peor e a época na que o temos que facer (durante as prácticas) porque vainos resultar moi difícil quedar para facelo as tres xuntas, a ver que solución encontramos. Por certo, o traballo consiste en realizar unha webquest para inglés ou para algún tema relacionado coa lengua inglesa.
Ademais disto, na clase de onte tamén tivemos que facer un resumo do que pensábamos ata agora da asignatura. Eu puxen básicamente que gracias a ela adquirira mayor velocidade á hora de escribir no ordenador, que o 1º traballo me servira para comprender mellor qué son as TICs e qué utilidade teñen na educación e para mellorar na creación de presentacións Powerpoint, aspecto que considero importante porque creo que é un recurso chamativo para explicarlle algo ós nenos, e que o 2º proxecto me fora útil para coñecer moitos softwares educativos útiles para a miña futura docencia.
A nena da imaxe é a pequena da familia. Ela axúdame a distraerme cando estou agobiada.

1 Comments:
At 5:21 p. m.,
Adriana said…
Me alegro que estes bien en las practicas y espero que te sirvan para aprender muchísimo. ¿qué cosas te parece que estas aprendiendo en estos momentos? ¿qué cuestiones te llaman más la atención de la realidad escolar de hoy en día? ¿Qué está pasando con las nuevas tecnologías?
Adriana
Publicar un comentario
<< Home