
Qué tal?. Eu estou moi a gusto realizando as prácticas porque me gusta iso de ser profesora e ademais podo estar na miña casa. Estou relizando prácticas de inglés en 4º, 5º e 6º acompañada dun bo profesor e mellor persoa. Ademais os alumnos son moi boíños, excepto algúns que son moi trastes, pero con un pouco de paciencia vanse levando polo bo camiño. A verdade é que non teño ningunha queixa porque estou nun centro que xa coñecía (fixen nel a primaria) e rodeada dun persoal excelente que se puxo a miña disposición para todo o que necesitara desde o primeiro momento, qué máis podo pedir?. Pois que todo siga igual e que a vós vos vaia tan ben como a min ou mellor, se é posible.
Pero non vos olvidedes de que tamén hai que "currar" porque hai moitos traballos que facer!. Sorte a todos e ata a próxima.

<< Home