NOVAS TECNOLOXÍAS

jueves, noviembre 30, 2006


Hola, qué tal?. Eu non teño nada novo que contarvos, pero como teño un momento libre aproveitei para falar con vós. No colegio sigo igual que a semana pasada, cada día un pouco máis integrada dentro do grupo docente, porque a verdade é que ó principio dábame algo de reparo iso de estar con eles na sá de profesores (son bastante tímida e ademáis algúns profesores que hai agora foron profes meus, e sempre queda un respeto) e adquirindo algo máis de autonomía na aula porque axúdolle o profesor a correxir, a explicar algunha cousa, hoxe fun buscar eu ós nenos a súa aula para levalos a aula de inglés e pregunteille a contrasinal (é un sistema que ten o profesor e que vén integrado nos libros de texto que utilizan que consiste en que en cada lección hai unha contrasinal que os alumnos escoitan no casette e o profesor ponlle na pizarra cómo se escribe e a pronunciación, entón o día seguinte antes de entrar na aula deben decir a contrasinal correctamente en inglés coa traducción ó galego, a quen non a sabe o profesor ponlle unha nota na súa guía de avaliación) e, sobre todo, axúdolle aos nenos que van máis atrasados e que necesitan que estén máis pendentes deles.Como vedes sigo moi contenta e o tempo pásame rapidísimo. Por certo, onte chegaron ordenadores novos con pantalla plana de 17 pulgadas, 2 portátiles, unha pizarra táctil, unha impresora e algunha cousiña máis e tamén me olvidei de decirvos que hoxe se celebraron as eleccións ao consello escolar. Coidado coa chuvia que calquera día afogamos todos.Xa vos contarei máis cousas cando volva a ter un oco para falar con vós. Atalogo.