
Hola a tod@s. ¿Qué tal vos vai nesta 3ª semana de prácticas?.Eu sigo igual de ben que sempre e os nen@s cada vez téñenme más cariño, e por suposto, eu a eles tamén.
Hoxe a tarde estábamos na clase cos nenos de 6º e petaron a porta. Era o conserxe que viña avisar que o pai de Nerea, unha nena que estaba na clase,deixara un paquete na porta. A nena saiu a collelo. Eran unhas bolsas de gominolas para que llas repartira ós compañeiros posto que estaba de cumpleanos (fixo 11 anos). Cando se sentou no sitio, o profesor comezoua cantarlle o "Happy Birthday" e tódolos nenos o seguiron. Despois continuamos coa clase normal e cando faltaba pouco para rematar a clase o profesor mandoulle recoller e poñerse a fila. Entón Nerea foille repartindo unha bolsa a cada un e cando acabou doulle unha ó profesor e outra a min, ¡qué emoción me fixo!.
Ademais disto tamén vos podo contar algo que se está poñendo de moda no colexio, xa sucedeu en dúas ocasións. Uns nen@s (non se saben quén)colleron estuches e roubáronlle o que tiñan dentro e despois volvéronos a poñer na mochila do seu dono.O profesorado está intentando buscar ós culpables pero de momento nos se sabe nada.Eu supoño que o farán "por divertirse" e non con maldade porque son tod@s moi boíños.
Bueno, nada máis. Sorte nesta semana.

0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home