Hola a tod@s de novo. A 4ª semana de prácticas rematou e só queda unha para que esta experiencia irrepetible se acabe, porque aínda que para o curso que vén volvamos a ter prácticas nunca vai ser igual que a primeira vez, xa será mellor ou peor pero non igual porque o que se sente o p
rimeiro día que entras nunha clase como "profesora" creo que non se volve sentir máis.
Para min hoxe sí que foi un día especial porque por primeira vez dei clase eu soa. O meu titor tiña que solucionar uns asuntos no centro e díxome se non me importaba dar clase a min. Eu aceptei, pero a verdade é que levaba algo de medo polo reacción que puideran ter os rapaces. Finalmente todo foi xenial. O meu titor ía no medio da clase por alí para ver cómo ía a cousa, pero os nen@s foron un encanto porque se portaron moi ben. Ademais o titor dixérame que calquera problema que tivera que llo fora comunicar inmediatamente. Por sorte, non fixo falta.
Esta semana non teño nada máis interesante que contar, porque non é plan volver a repetir o contenta que estou.
Saludos.

0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home