NOVAS TECNOLOXÍAS

sábado, diciembre 16, 2006




Hola outra vez. Hoxe escribo para contar algo que me ensinou o meu titor esta semana e que me olvidei de contar. Estabamos na clase e os nenos estaban facendo unha actividade individual, polo que o profesor aproveitou para colle-lo ordenador portátil e ensinarme o que estaba facendo. Tratábase de que el collía softwares educativos en inglés e adaptábaos facendo os seus propios. Por exemplo ensinoume un orixinal que consistía nunha sopa de letras pouco atractiva e na que se podía seleccionar o tema antes de empezar a xogar. El adaptouna e fixo unha máis chamativ acun fondo azul, o tempo dispoñible, os acertos, os fallos, axuda, son segunda se a resposta era correcta ou non...
Ademais creou varios niveles e facilitou o traballo porque neste as líneas non saían da cuadrícula,as respostas acertadas eran dunha cor, as que non atopamos doutro e as que pedimos axuda doutro.
Ademais este traballo é útil para calquera tema porque tan só hai que cambiar as letras.
Ademais disto tamén estaba facendo sopas de letras con debuxos, xogos de memorizar con cartas,xogos para relacionar un debuxo coa palabra correspondente e se é correcta que sone a pronunciación da palabra, senón que o debuxo volva ó sitio para que o neno o volva a intentar, etc.
En fin, ó meu titor gústanlle moito as NNTT e sempre que pode aproveita para facer algo. Tódo-los profesores deberían ser así para inculcarlle ós nenos o valor das NNTT na sociedade.
Bos días.