¿Qué tal a despedida das prácticas?. A min doume moita pena deixar ós nenos pero tamén ós profesores porque se portaron xenial conmigo.
Hoxe foi o festival de Nadal. Primeiro sairon os nenos por clases cantando cancións e tocando a frauta. Logo houbo unha proxección de diapositivas de cando todo o colexio foi facendo sendeirismo ata o Monte do Castro e da plantación do horto escolar. A proxección foi moi entretida porque había fotografías moi divertidas, reivindicativas...ademais de ter unhas animacións divertidas. A continuación procedeuse á entrega dos diplomas do Magosto e do Nadal e finalmente houbo bailes. Para min o máis destacado foi o que protagonizaron os nenos de 5ºB xa que participou toda a clase, tanto homes como mulleres; mentres que nos outros só había mulleres, pero aínda así foron moi entretenidos.
Teño que dicir que foron moitos familiares ve-lo festival, máis que os outros anos, que case non collemos non auditorio.
Olvidouseme dicir que antes de que comezara o festival os nenos de 3º foron por tóda-las clases cantando unha canción e repartíndolle un mazapán a cada neno, qué riquiños son!.
Ó rematar o festival os nenos subiron as clases a recolle-las notas e eu tívenme que despedir de todos, pero prométinlle que lle iría facer algunha visita, e así o farei.
Finalmente os profesores foron comer todos xuntos, comida a que eu tamén estaba invitada, pero a que non puden asistir.
Saludos.
Hoxe foi o festival de Nadal. Primeiro sairon os nenos por clases cantando cancións e tocando a frauta. Logo houbo unha proxección de diapositivas de cando todo o colexio foi facendo sendeirismo ata o Monte do Castro e da plantación do horto escolar. A proxección foi moi entretida porque había fotografías moi divertidas, reivindicativas...ademais de ter unhas animacións divertidas. A continuación procedeuse á entrega dos diplomas do Magosto e do Nadal e finalmente houbo bailes. Para min o máis destacado foi o que protagonizaron os nenos de 5ºB xa que participou toda a clase, tanto homes como mulleres; mentres que nos outros só había mulleres, pero aínda así foron moi entretenidos.
Teño que dicir que foron moitos familiares ve-lo festival, máis que os outros anos, que case non collemos non auditorio.Olvidouseme dicir que antes de que comezara o festival os nenos de 3º foron por tóda-las clases cantando unha canción e repartíndolle un mazapán a cada neno, qué riquiños son!.
Ó rematar o festival os nenos subiron as clases a recolle-las notas e eu tívenme que despedir de todos, pero prométinlle que lle iría facer algunha visita, e así o farei.
Finalmente os profesores foron comer todos xuntos, comida a que eu tamén estaba invitada, pero a que non puden asistir.
Saludos.

0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home