NOVAS TECNOLOXÍAS

martes, diciembre 19, 2006




Boas noites a tod@s. Hoxe escribo para contarvos unha saída que fixemos pola tarde. A profesora de relixión organizou unha visita ó belén de Cespón, un dos máis grandes do Barbanza, para todo o alumnado do colexio. Os nen@s chegaron á hora habitual ó colexio e por cursos foron entrando nos autobuses acompañadospolo seu titor. O meu titor non foi, pero eu fun igual porque de todo se aprende. Fun no autobús cos nenos de 6º que ían cantando, contando chistes... Cando chegamos alá tivemos que facer dous grupos porque todo a alumnado xunto non collía dentro do Belén.Mentres o 1º grupo estaba dentro o outro esperábamos fóra, nun xardín que hai ó lado da igrexa. Logo entramos nós e a verdade é que aquelo é precioso. EStá dividido en catro salas e hai figuras en movemento como camelos, un río polo que corre agua, un anxo que baixa do ceo, xente traballando como nesa época, chove, trona, neva...e moitas cousas que costaron moito traballo facer. Os nenos portáronse moi ben e quedaron entusiasmados vendo todo aquelo. Logo volvemos para o colexio e cada un marchou para a súa casa.
A parte disto, non teño nada máis que contarvos. Só dicir que os nenos están preparando o festival de Nadal, polo que no colexio se respira un ambiente moi festivo.
A foto é o boneco de neve e a árbore de nadal que fixeron no cole.
Saludos.