NOVAS TECNOLOXÍAS

jueves, noviembre 30, 2006


Hola, qué tal?. Eu non teño nada novo que contarvos, pero como teño un momento libre aproveitei para falar con vós. No colegio sigo igual que a semana pasada, cada día un pouco máis integrada dentro do grupo docente, porque a verdade é que ó principio dábame algo de reparo iso de estar con eles na sá de profesores (son bastante tímida e ademáis algúns profesores que hai agora foron profes meus, e sempre queda un respeto) e adquirindo algo máis de autonomía na aula porque axúdolle o profesor a correxir, a explicar algunha cousa, hoxe fun buscar eu ós nenos a súa aula para levalos a aula de inglés e pregunteille a contrasinal (é un sistema que ten o profesor e que vén integrado nos libros de texto que utilizan que consiste en que en cada lección hai unha contrasinal que os alumnos escoitan no casette e o profesor ponlle na pizarra cómo se escribe e a pronunciación, entón o día seguinte antes de entrar na aula deben decir a contrasinal correctamente en inglés coa traducción ó galego, a quen non a sabe o profesor ponlle unha nota na súa guía de avaliación) e, sobre todo, axúdolle aos nenos que van máis atrasados e que necesitan que estén máis pendentes deles.Como vedes sigo moi contenta e o tempo pásame rapidísimo. Por certo, onte chegaron ordenadores novos con pantalla plana de 17 pulgadas, 2 portátiles, unha pizarra táctil, unha impresora e algunha cousiña máis e tamén me olvidei de decirvos que hoxe se celebraron as eleccións ao consello escolar. Coidado coa chuvia que calquera día afogamos todos.Xa vos contarei máis cousas cando volva a ter un oco para falar con vós. Atalogo.

viernes, noviembre 24, 2006


Hola, qué tal? Eu sigo igual de contenta que o outra día porque cada vez estou mellor no cole e estoume encariñando moito cos nenos, pobre de min cando teña que volver a facultad e deixalos a eles! Ademais os profesores trátanme genial e o titor que teño axúdame en todo que necesito, son todos uns soles!.
Aínda non tiven oportunidade de acceder as NNTT no cole porque están preparando a aula de informática con novos ordenadores, auriculares, lectores de cd, etc; pero aquí vese o avance, non como na nosa fac e creo qeu terei a oportunidade de poder asistir a lgunha clase nela porque o profesor co que estou eu sei que a usa ás veces para dar clase, xa vos contarei.
Por outra parte, estou facendo o memoria e o traballo de organización e dentro de nada empezarei co de bases, polo que non teño tempo para nada.
Os nenos da foto non son do cole no que estou eu, xa vos ensinarei algunha se podo porque tamén obradoiros, xogos no recreo e outras cousas moi interesantes.
Bueno, aproveitade as prácticas que son unha experiencia bonitísima.

martes, noviembre 21, 2006


Qué tal?. Eu estou moi a gusto realizando as prácticas porque me gusta iso de ser profesora e ademais podo estar na miña casa. Estou relizando prácticas de inglés en 4º, 5º e 6º acompañada dun bo profesor e mellor persoa. Ademais os alumnos son moi boíños, excepto algúns que son moi trastes, pero con un pouco de paciencia vanse levando polo bo camiño. A verdade é que non teño ningunha queixa porque estou nun centro que xa coñecía (fixen nel a primaria) e rodeada dun persoal excelente que se puxo a miña disposición para todo o que necesitara desde o primeiro momento, qué máis podo pedir?. Pois que todo siga igual e que a vós vos vaia tan ben como a min ou mellor, se é posible.
Pero non vos olvidedes de que tamén hai que "currar" porque hai moitos traballos que facer!. Sorte a todos e ata a próxima.

martes, noviembre 14, 2006



Boas tardes. ¿ Sabedes qué? Xa acabamos o segundo traballo e xa o enviamos hoxe a mañá; que alegría, xa queda un menos!. Pero como non todo pode ser felicidade tamén hai cousas malas como o mogollón de traballos que hai que facer: 3º de NNTT, o de organización, o de bases, a memoria das prácticas...e todo para despois de navidad,vaia vacacións máis relaxadas imos ter!.
Cambiando de tema, na clase de onte comezamos a falar do 3º proxecto, parece interesante pero moi complicado, e o peor e a época na que o temos que facer (durante as prácticas) porque vainos resultar moi difícil quedar para facelo as tres xuntas, a ver que solución encontramos. Por certo, o traballo consiste en realizar unha webquest para inglés ou para algún tema relacionado coa lengua inglesa.
Ademais disto, na clase de onte tamén tivemos que facer un resumo do que pensábamos ata agora da asignatura. Eu puxen básicamente que gracias a ela adquirira mayor velocidade á hora de escribir no ordenador, que o 1º traballo me servira para comprender mellor qué son as TICs e qué utilidade teñen na educación e para mellorar na creación de presentacións Powerpoint, aspecto que considero importante porque creo que é un recurso chamativo para explicarlle algo ós nenos, e que o 2º proxecto me fora útil para coñecer moitos softwares educativos útiles para a miña futura docencia.
A nena da imaxe é a pequena da familia. Ela axúdame a distraerme cando estou agobiada.

martes, noviembre 07, 2006


Boas tardes a tod@s. Estou facendo o 2º traballo de NNTT e como necesito tomarme un descanso acordeime de contarvos o que fixenos onte na clase, que basicamente se pode resumir en que estivemos mirando distintos software para ver as diferencias que plantexaban uns e outros e tamén tivemos tempo para reunirnos por grupos e comezar a facer a evalción de algún software. Personalmente creo que este traballo require menos destreza técnica que o primeiro, pero máis capacidade de selección e análisis ó ter que elexir 3 software e analizar os seus aspectos técnicos e didácticos. A verdade é que con tanto traballo estou bastante agobiada e estou descoidando un pouco as outras asignaturas pero espero que vala a pena ( sobre todo polo tempo que paso no ciber porque na casa non teño internet e polo esforzo que facemos as miñas compañeiras máis eu para quedar, porque temos algunha incompatibilidade cos horarios e moitos km. polo medio polo que os fins de semana non estamos xuntas para realizar os proxectos). Por hoxe nada máis, vou seguir facendo o traballo.